CAMBRIDGE YOUNG LEARNERS ENGLISH TEST (YLE)
Estes títulos foron desenvoltos para avaliar o coñecemento da lingua inglesa de nenos entre 8 e 13 anos de idade e reforzar o aprendizaxe a través dunha serie de tarefas coidadosamente seleccionadas de acordo coas últimas tendencias pedagóxicas.
Un bo resultado en Movers é equivalente ao nivel A1 do Marco de Referencia Europeo. O nivel máis alto (Flyers) equivale ao nivel A2 e ten o mesmo nivel que o Key English Test (KET).